
Hai varias décadas, en España, ser muller non era nada aconsellable e supoñía todo un risco para a integridade física e psíquica. Apenas tiñan capacidade para decidir libremente, sen contar coa autorización do seu pai ou do propio marido.
Producíronse moitos avances, non só no cambio de réxime, coa aprobación da Constitución senón tamén en materia lexislativa e regulamentaria. A pesar de todo, certas mentalidades, non só de homes senón tamén de mulleres, continúan ancoradas nos tempos que viviron e padeceron as nosas nais e avoas.
A violencia machista continúa masacrando a mulleres. Os abusos e acosos sexuais, ás mulleres, nas empresas continúan sen ningún tipo de rubor nin sentimento de culpa por parte dos propios agresores. Continuamos vivindo nunha sociedade enferma na que cada quen mira para si mesmo e o demais pasa porque ten que pasar e xa está.
Denunciemos todas esas situacións de violencia contra as mulleres e non sigamos ríndolles as grazas a eses trogloditas, mal criados e narsicistas patolóxicos.



