Levan aos tribunais o parque eólico Banzas que afecta a Outes, Negreira e Mazaricos

28 Agosto 2023

Ecoloxistas en Acción demandou ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o Parque Eólico Banzas que pretende instalar Green Capital Power nos concellos de Outes, Negreira e Mazaricos. Tras ter presentado no seu día alegacións e un recurso de alzada ante a Consellería de Economía e Industria, a organización ecoloxista impugnará agora a decisión da Xunta presentando “unha demanda polo severo impacto paisaxístico, sobre o medio natural e acústico, dado que o ruído das turbinas emprazadas preto das vivendas suporá unha merma importante na saúde e na calidade de vida da poboación afectada”.

Ademais, a organización ecoloxista considera “un auténtico despropósito” que se aprobase este parque, dado que na mesma zona hai outros dez proxectos eólicos en tramitación (entre eles Maragouto, San Cosmeiro, O Vao, Vaqueira, A costa, Alvite, AlviteI I, Troitomil, Vilartoxo..) e dous en funcionamiento (Serra de Outes e Corzán).

Ecoloxistas en Acción sinala que “esta concentración de aeroxeradores sumada ao resto de parques e ao impacto das acometidas de alta tensión para evacuar a enerxía eléctrica traería irreparábeis consecuencias ao ecosistema da zona”. Destacan que “non se realizaron estudos hidrolóxicos e hidroxeolóxicos nin avaliado os impactos sobre Rede Natura 2000, a pesar das graves afeccións que carrexará a construción do parque eólico as zonas húmidas de gran valor existentes na zona”.

O colectivo ecoloxista considera que “é requisito indispensábel analizar os efectos ocasionados polo parque eólico Banzas de xeito individual, pero tamén de xeito acumulativo tendo en conta o resto de instalacións existentes ou proxectadas, dado que os principais efectos sinérxicos non só se poden desenvolver sobre a paisaxe e a avifauna, como indica a empresa promotora, senón tamén sobre a poboción dos núcleos directamente afectados”.

Tanto Ecoloxistas en Acción como as organizacións veciñais afectadas estanse a preparar para emprender unha nova batalla legal apelando a “conservar a naturalidade” do entorno rural afectado polo parque eólico Banzas.

“Esta construción podería supor un cambio importantísimo na paisaxe, que se vería afectada de forma radical ademais do resto de afeccións mais que severas a este enclave tan próximo a zonas protexidas”, denuncia Roberto Vilela voceiro de Ecoloxistas en Acción.

Outros artigos

O BNG presenta en Noia as súas candidaturas municipais para 2027

O BNG da comarca da ría de Muros e Noia dará este domingo, 20 de setembro, o primeiro paso dun novo curso político coa mirada posta nas eleccións municipais de 2027, coa presentación das persoas que encabezarán as candidaturas nacionalistas nos concellos de Lousame,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.