“Lembrando a Pepe Seijo…” – Xulio Xiz

16 Agosto 2023

Vímonos hai días; el cara unha pausa de café; eu facendo camiño. Sempre, un sorriso. E este luns, coma un lóstrego, a nova da súa morte.

Sempre me sorprenden os amigos que se me van sendo máis novos; neste caso, case vinte anos. Seijo disimulábao coa barba e as canas, con horas e anos de traballo, con entusiasmo e dedicación, logrando parecer maior do que era. Estaba en todo e, polo tanto, sabía de todo; axudaba a todo.

Eu sei ben que o micrófono crea adicción insuperable por ser a conexión directa entre o mundo real e o posible; é un ser vivo que como calquera planta ten raíz, talo e follas intanxibles para absorber do profundo a esencia, ampliala e transformala en enerxía no talo e espallala polas follas nunha incrible función benéfica, salvífica, libertaria…

Pero o micrófono, para estar vivo. necesita a enerxía vital de devotos que saben da súa función social salvadora. E esíxelles devoción infinita. Os tópicos falan de morrer “coas botas postas” ou “ao pé do canón”. E ás veces comprobamos que non só poden ser verdade, senón que son exemplo vital e puntos de referencia.

Estou certo que se Pepe puidese elixir momento de ascender ao destino das almas boas, escollería o locutorio de directo de Radio Lugo, illado polos auriculares, empuñando un micrófono por se precisaba agarrar algo coa forza da vida.

E un que respecta ao micrófono como poucas cousas materiais deste mundo chora ( e admira, envexa e aplaude) ao compañeiro que se nos foi cedo, ao amencer, madrugando para entrar no alén dando novas ledas dos que aquí quedamos; para comprobar que como dicía Díaz Castro “Deus da boa fada aos ollos namorados que chegaron abertos ás portas do amencer”.

Outros artigos

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.