Ingresado no Hospital do Barbanza un mozo que se cortou nun brazo cunha empacadora en Olveira- Ribeira

18 Agosto 2023

Un home que rolda a trintena de anos permanece ingresado no Hospital do Barbanza despois de que a última hora da tarde do mércores resultase ferido por un traumatismo que sufriu cun accesorio dun tractor co que estaba a traballar nunha leira particular nos Campos de Olveira, dentro do parque natural de Corrubedo, en Ribeira.

Segundo recolle o Diario de Arousa, o suceso ocorreu ao redor das oito da tarde e foi un familiar o que contactou con Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para solicitar asistencia sanitaria inmediata para a vítima que se cortou nun brazo cunha empacadora.

Desde ese servizo mobilizáronse o helicóptero medicalizado e unha ambulancia, aínda que cando chegaron o lugar xa non había ninguén xa que ao parecer un familiar levoullo ao Hospital do Barbanza no seu coche particular pois entendía que a ferida presentaba un corte feo, polo que sangraba bastante, e que a súa situación estaba a complicarse bastante co paso dos minutos, polo que considerou que non podía esperar á chegada da asistencia sanitaria.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.