“Imos cara outras eleccións xerais en España?”. Antón Luaces

03 Agosto 2023

Os electores españois marcaron o 23 de xullo o camiño a seguir, que non é outro que o da negociación entre partidos para estabelecer as Cortes Xerais  (Congreso dos Deputados e Senado) e Goberno da nación.

Para que sexa así, o 17 deste mes de agosto, os integrantes de ambas as institucións van dar unha mostra do que será -ou poda ser- a composición do novo Goberno, sempre e cando así sexa acordado.

Semella que, para ben ou para non tan ben (non quero chegar a pensar que para mal) os partidos deberán axustar ao máximo as súas posibilidades con aquelas outras forzas políticas que os apoiarán: ao PP, Vox e UPN (non se coñecen outros) ata un total de 172 escanos, e prácticamente todo o resto do arco parlamentario desde o BNG a Junts, pasando obviamente por SUMAR, ERC, PNV, EH Bildu e ata, en circunstancias concretas, Coalición Canaria (un mínimo de 179 escanos). E aínda así, o PSOE non vai poder evitar que na Mesa do Congreso, PP e Vox conten cunha representación máis ou menos forte que conlevará a necesidade de “amarrar” absolutamente todas as posibilidades se, como se pretende, deben constar todos e cada un dos nomes das persoas que conforman, como mínimo, unha maioría progresista que se reflicta  específicamente amáis de na presidencias, nas vicepresidencias e secretarías da Mesa.

Semella evidente que ambos os bloques -o de dereita e estrema dereita e o progresista- deberá atar con fío de ouro calquera acordo, por máis que este teña na firmeza e na convicción a seguridade do seu futuro. Polo tanto, tamén, do seu grupo parlamentar e do Goberno que este sustente.

A constitución das Cortes pode e debe dar unha imaxe inequívoca do que serán a  posteriori os pactos de investidura.

O 17 de agosto, polo tanto, permitirá que saibamos a constitución formal de ambas as cámaras e. a continuación, a do Goberno, se este chega a conformarse sexa con Alberto Núñez Feijoo ou con Pedro Sánchez como presidente do Executivo, unha tarefa esta pouco doada que, no caso de non concretarse, levaríanos a unha nova convocatoria electoral que, no meu criterio, non convén a ninguén.

Outros artigos

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“500 noites” – Xulio Xiz

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.