“Imos camiño da solución ou doutras eleccións?” – Antón Luaces

19 Agosto 2023

Dous días -luns, 21, e martes, 22- serán os que precise o Rei para resolver a súa rolda de consultas encamiñadas a designar candidato á investidura á presidencia do Goberno. Nesta serie de audiencias participarán un total de sete formacións políticas, por canto Yolanda Díaz representará a todos os partidos que integran  SUMAR e hai catro que declinaron acudir: ERC, Bildu, Junts e BNG.

Após a constitución o xoves pasado das Cortes, a presidenta do Congreso, Francina Armengol, acudiu este venres á Zarzuela para informar ao Xefe do Estado da sesión constitutiva e, ao mesmo tempo, presentar a Felipe  VI a lista de partidos que xa amosaron a súa dispoñibilidade a se presentar á rolda de consultas.

A Casa do Rei xa deu a coñecer o venres pola mañá o calendario desta rolda de consultas cos partidos organizados de menor a maior segundo o resultado obtido nas eleccións xerais do pasado 23 de xullo,

A rolda comezará ás 10,30 do luns co presidente de Unión del Pueblo Navarro (UPN), Javier Esparza,  a formación foral que obtivo menor representación no Congreso. Seguirán os representantes de Coalición Canaria, PNV, SUMAR, VOX, PSOE e PP.

A nova presidenta do Congreso, a socialista Francina Armengol,  defendeu que se podan utilizar as línguas cooficiais na Cámara, tendo en conta, dixo, que unha das forzas de España é a súa diversidade e riqueza lingüística “e o Congreso debe representar a España real”.

Tras a reunión de Armengol co Rei, tivo lugar a do novo presidente do Senado, o popular Pedro Rollán.

VOX estaría disposto a apoiar a investidura de Alberto Núñez Feijoo, malia o que cualificou de “desprezo” dos populares ao non lles ceder un posto na constitución da Mesa da Cámara Baixa. Polo que transcendeu da formación de Santiago Abascal, o PP pode seguir a contar cos 33 deputados de VOX para a investidura, sen esixir entrar no Goberno, aínda que tamén se fala de que non sería unha cesión sen nada a cambio.

ERC, pola súa banda, vai esixir, dixo, unha lei de amnistía para os implicados na causa do referendo do 1 de outubro, cuestión que marcará unha “liña vermella”  na negociación. Junts afirma que non  vai “volver ao rego” e que non rebaixará o ton das súas demandas nin posicións. Puigdemont, líder de facto desta formación política, segue a xogar a súa baza persoal sen que, na realidade, se saiba cal é, se ben deixa claro que “unha cousa é a Mesa do Congreso e outra a investidura”.

Outros artigos

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.