Tras ter que anularse a segunda xornada de probas na Ría de Arousa o pasado domingo, debido á presenza dunha manda de candorcas s no seu interior, este martes o Club Náutico e Deportivo de Riveira
recuperaba a proba pendente de Optimist da Regata GADIS que promove a Escola de Vela Ramiro Carregal Rey, proclamándose vencedor da categoría Iago Torres, seguido de Pablo González e con Miguel
Gómez no bronce.
Á entrega de premios asistiu Luís Vázquez, Delegado de Gadis en Riveira, acompañado polo presidente do Náutico de Riveira, José Luís Torres Colomer, e o seu Tesoureiro, Xusto Arevalillo.




