A terceira maior conserveira galega alcanzou unha cifra de negocio de 609,6 millóns en 2022, case un 12% máis que no exercicio anterior, o que lle permitiu superar por primeira vez os 600 millóns de facturación. Este crecemento non se traduciu en maiores beneficios debido ao forte incremento de custos do período inflacionista. Os aprovisionamentos da empresa de Ribeira eleváronse en 70 millóns respecto ao curso anterior, mentres que os gastos correntes aumentaron en 18 millóns. O resultado foi unha caída das ganancias, que quedaron nos 23,7 millóns fronte aos beneficios de 34,3 millóns de 2021.
Aínda así, a compañía de Ramiro Carregal continúa mostrando unha gran rendibilidade en comparación con outras empresas do sector.
Segundo reecolle Economía Digital isto permitiu á familia repartir de novo un zumarento dividendo de 22 millóns. Concretouse en tres pagos: 2 millóns en xaneiro, 10 millóns en xuño e outros 10 en setembro. Os dous únicos accionistas da conserveira son Ramiro Carregal (64,10%) e o seu fillo Jorge (35,9%), que ingresaron 44 millóns en dividendos a conta nos dous últimos anos, este último a través dunha sociedade domiciliada en Madrid.




