Frinsa paraliza a súa nova planta en Estados Unidos

13 Agosto 2023

Entre as grandes conserveiras galegas, Frinsa foi a que experimentou un maior crecemento nos últimos anos, chegando a superar a Calvo en facturación no exercicio 2020. Con 588 millóns de cifra de negocio, converteuse na segunda maior conserveira galega por detrás de Jealsa Rianxeira momentaneamente, xa que ao ano seguinte a empresa de Manei Calvo recuperou a súa histórica posición. Á espera dos resultados pechados de 2022, a compañía fundada en Ribeira en 1961, por Joaquín Otero Goyanes, Manuel Iglesias Corral e o Banco da Coruña e actualmente propiedade de Ramiro Carregal Rey, fundamentou o seu crecemento nun proceso de expansión que iniciou en 2015, coa creación dunha rede de filiais no exterior que chegaron a Italia, Alemaña, Francia, Reino Unido ou Singapura.

O plan dun dos maiores provedores europeos de atún para marca branca cobrou forza cando comprou a conserveira portuguesa A Poveira e quedou as súas planta de Póvoa de Varzim, a segunda fábrica do grupo. A seguinte estación na expansión de Frinsa pasaba por outras dúas novas instalacións, unha na plataforma loxística Plisan (Pontevedra) e outra en Lakeland (Florida), onde constituíu a súa filial para a implantación en Estados Unidos (Frinsa USA).

Este último investimento, segundo recolle a web de información Economía Digital, quedou paralizada. A alza nos custos de construción, tanto en materiais como en man de obra, estaría detrás da freada da conserveira. O medio especializado Undercurrent News avanzou o cambio de plans da empresa que dirixe Jorge Carregal, fillo do fundador, dando por cancelado o proxecto de converter un edificio de nova construción en Chestnut Road na base de operacións de Frinsa no mercado norteamericano, incorporando liñas de produción de atún, salmón, sardiñas…

Posteriormente, o presidente do Consello de Desenvolvemento Económico de Lakeland, que concedera unha axuda de 400.000 dólares para a nova planta, confirmou que a conserveira galega comunicáralles que «decidiran non expandirse aos Estados Unidos neste momento».

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.