Este martes 15 de agosto comezan as Festas de San Roque de Cespón, que se estenderán no tempo até o sábado 19. O programa inclúe actos litúrxicos, unha sesión vermú e verbenas. A sesión vermú virá da man do Dúo Charada (este martes) e os concertos nocturnos a cargo (novamente) de Dúo Charada e Rumbo Norte (o martes 15), o Trío Dixital e Kyotto FM con Manu GZ (o xoves), Orquesta Players, Rumbo Norte e DV Pivitas (o venres) e Puzzle e Disco Móvil Chocolate (o sábado 19 de agosto). O mércores será a xornada máis indicada para a rapazada, xa que haberá pola tarde xogos para os nenos (Infantilandia), inchábeis e unha festa da escuma, a partir das 17.00 horas. Colabora o Concello de Boiro.




