Este venres inaugúrase o Mercado Castrexo de Boiro

11 Agosto 2023

Este venres inaugúrase en Boiro o Mercado Castrexo, que manterá abertas as súas portas (na rúa Peonil) até o domingo 13. Haberá postos de artesanía e alimentación, xogos tradicionais para a rapazada e animación de rúa (con loitas castrexas teatralizadas). Tamén, un ano máis, haberá un campamento castrexo e oficiaranse vodas celtas para as parellas que queiran formalizar a súa unión dun xeito alternativo.

A organización (a empresa XEmA Comunicación Global en colaboración co Concello de Boiro) lanzou un chamamento a residentes e visitantes para que se impliquen na feira ataviados con vestimentas e adobíos propios da época castrexa e celta. Os postos abrirán este venres pola tarde e mañá e o domingo o horario será de mañá e de tarde.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.