O domingo a comarca estará con influencia anticiclónica feble. Deste xeito, o ceo quedará despexado en xeral e posible presenza de brétemas no litoral e néboas en comarcas do interior á mañá. Pola tarde teremos alternancia de nubes e claros . As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente e as máximas non terán cambios significativos. O vento soprará frouxo de compoñente norte con intervalos de moderado entre Costa da Morte e Rías Baixas en mar aberto.
O luns baixará algo a temperatura que se recuperará o martes da Asunción.
| Temperatura do aire (°C) | MINMAX 15° 28° |
| Temperatura da auga (°C) | 16° |
| Índice ultravioleta máx. | 7 |

meteogalicia
O noso mar: Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 3 a 4 á mañá e á noite e 4 a 5 á tarde. Marusía á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade boa á mañá e á noite e regular á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e 1 a 1.5 metros á tarde e á noite.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 03:15 | 2.9 m |
| Baixamar | 09:13 | 1.3 m |
| Preamar | 15:33 | 3.2 m |
| Baixamar | 21:51 | 1.1 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 03:03 | 2.9 m |
| Baixamar | 09:02 | 1.3 m |
| Preamar | 15:22 | 3.2 m |
| Baixamar | 21:41 | 1.1 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 03:11 | 2.9 m |
| Baixamar | 09:08 | 1.3 m |
| Preamar | 15:28 | 3.2 m |
| Baixamar | 21:47 | 1.1 m |



