Domingo recuperamos o sol e temperatura en ascenso

19 Agosto 2023

Durante o domingo agárdanse ceos con poucas nubes ou con nubes altas na comarca e nas rías baixas. Bancos de néboa matinais en zonas de interior e brétemas costeiras no litoral atlántico. Temperaturas mínimas en lixeiro descenso; máximas en lixeiro ascenso. Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos en xeral, moderados pola tarde no litoral atlántico.

En xeral a primeira metade da semana estará caracterizada por tempo seco, con altas temperaturas. A atmosfera podería inestabilizarse na segunda metade, aumentando lixeiramente a probabilidade de chuvia e diminuíndo progresivamente as temperaturas.

Temperatura do aire (°C)MINMAX 18° 28°
Temperatura da auga (°C) 17°
Índice ultravioleta máx. 7

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá e do norte á tarde e á noite, forza 1 a 3 á mañá, 3 a 5 á tarde e 3 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá, forte marusía á tarde e marusía á noite. Visibilidade regular á mañá e á noite e boa á tarde. Mar de fondo do oeste á mañá e á tarde e noroeste á noite, con ondas de 1 a 1.5 metros.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar01:010.8 m
Preamar07:083.4 m
Baixamar13:040.9 m
Preamar19:203.5 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar00:520.8 m
Preamar06:593.3 m
Baixamar12:570.9 m
Preamar19:103.5 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar00:560.8 m
Preamar07:033.3 m
Baixamar13:010.9 m
Preamar19:153.5 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.