O Concello de Rianxo informou do comezo dos traballos para mellorar a envolvente do pavillón deportivo do CEP Xosé María Brea Segade. A actuación adxudicóuselle á empresa Construcciones Anspal S.L. por un importe de 77.500€.
Segundo engadiron fontes do Consistorio, “con esta actuación atallar as filtracións existentes e o aumento de confort de uso a través de actuacións sobre acabados e condicións térmicas”.




