Clausurado o Lousame Concilia Verán 2023, que reuniu a corenta nenos e nenas nos meses de xullo e agosto

31 Agosto 2023

Os 40 nenos e nenas do Lousame Concilia Verán 2023, de entre 3 e 12 anos de idade, celebraron este xoves 31 de agosto unha festa de clausura das actividades do programa de conciliación levado a cabo polo Concello nos meses de xullo e agosto.

As iniciativas desenvolvéronse nas instalacións do CPI Cernadas de Castro, no Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra ou na Piscina Municipal, en horario de 9:30 a 14:30 horas.

A rapazada desfrutou de xogos grupais, actividades deportivas, saídas á piscina, sesións de contacontos e cinema, traballos manuais, excursións… e dunha festa final con lambonadas.

O Lousame Concilia Verán 2023 foi organizado pola Concellería de Igualdade de Lousame, en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e co Programa Corresponsábeis do Ministerio de Igualdade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.