Cinco areais de Muros incorpóranse á Rede Galega de Praias sen Fume

11 Agosto 2023

A Rede Galega de Praias sen Fume conta xa con 224 areais libres de tabaco, logo de incluír 10 máis. Dita rede, que ten un fin educativo e de sensibilización social, “remarca a importancia da conduta da poboación adulta coa idea de que sirva de modelo para os máis novos”, en palabras da Xunta.

As dez praias que se engaden á rede son, ademais da Magdalena en Cabanas, as de Área Maior, Agrocovo, O Fogareiro, O Portiño do Maio e Reimúndez, todas elas no concello de Muros; e as do Espiñeiro, Mera, Naval-Santa Cruz e Santa Cristina desaugadoiro do río, no concello de Oleiros.

Carmen Durán, directora xeral de Saúde Pública, sinalou que o Programa Praias sen Fume botou a andar no ano 2016, “sendo Galicia a primeira comunidade que puxo en marcha un proxecto deste tipo”. Os seus obxectivos inciden na promoción dunha vida sen tabaco, a desnormalización do seu consumo na sociedade e o respecto e o coidado das praias e do medio ambiente.

A directora xeral amosouse este venres 11 de agosto, na presentación das novas incorporacións, moi contenta cos resultados e confía en que “nos acheguen ao obxectivo da Xunta de reducir no 2027 a incidencia do consumo do tabaco diario na poboación adulta por baixo do 15% e nos adolescentes por baixo do 5%”.

Outros artigos

Muros acolle o martes 22 unha xornada sobre accesibilidade cultural

O Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá o vindeiro martes 22 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, a xornada Cultura para todas, unha iniciativa promovida pola área de Cultura da Deputación da Coruña no marco do programa A Cultura é un Dereito. A...

+

Este sábado celébrase o Día da Bicicleta en Esteiro

Este sábado 19 de setembro a Área Recreativa do Artón en Esteiro acolle o Día da Bicicleta, organizada pola Asociación Os Salta Rejos de Esteiro coa colaboración do Concello de Muros. As actividades comezarán ás 10:30 horas cunha xincana. Ás 11:30 horas ruta ata...

+

O BNG presenta en Noia as súas candidaturas municipais para 2027

O BNG da comarca da ría de Muros e Noia dará este domingo, 20 de setembro, o primeiro paso dun novo curso político coa mirada posta nas eleccións municipais de 2027, coa presentación das persoas que encabezarán as candidaturas nacionalistas nos concellos de Lousame,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.