Buscan a un mozo de 16 anos desaparecido desde hai unha semana en Ribeira

08 Agosto 2023

A Policía Nacional atópase na procura de Miguel Vilar Castro, veciño de Ribeira de 16 anos que desapareceu da súa casa hai unha semana. O último lugar no que se lle viu foi a súa propia casa, polo que se sospeita que a súa marcha sería voluntaria.

Ademais, por mor das primeiras pescudas crese que o mozo se atopa no estranxeiro, presumiblemente en Portugal. A familia denunciou a súa falta na comisaría ribeirense, aínda que esta non é a primeira vez que se ausenta durante varios días.

Miguel Vilar ten 16 anos, é moreno, alto e de ollos marróns. Así mesmo, crese que podería portar un pendente nunha orella. Descoñécese a roupa que levaba no momento da desaparición. Desde a familia solicitan que calquera que teña algunha proba do seu paradoiro póñase en contacto coa Policía Nacional ou con eles no 604 045 077.

Fontes familiares explicaron que o mozo podería estar acompañado de dúas persoas maiores de idade e que non teñen noticias del desde o momento da súa desaparición.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.