Beatriz Ferrín inmortaliza Portosín nunha nova serie de acuarelas

18 Agosto 2023

Dende este xoves 17 de agosto e até o 29 de setembro poderemos desfrutar na Casa da Cultura de Portosín dunha mostra que rende homenaxe á vila mariñeira e aos seus recunchos máis destacados e memorábeis. Trátase da exposición de cadros Portosín: Mar, Terra e outras Augarelas, de Beatriz F. Ferrín. Poderemos vela na sala de exposicións da Casa da Cultura e con entrada libre.

Beatriz Ferrín é unha artista local autodidacta que destaca pola calidade de súa técnica no formato das acuarelas. Os seus traballos están inspirados na súa maioría no municipio mariñeiro e inclúen homenaxes á arquitectura local, ás súas xentes e á súa impoñente paisaxe marítima. Ferrín mostra o seu talento nas redes sociais a través da súa firma, Augarela.

Outros artigos

A III edición da Noite Tradi encheu a praza da Igrexa de Ribeira

Este sábado 11 de xullo de 22 a 01:30 h celebrouse en Ribeira, na Porto do Sol (perante a Igrexa Parroquial de Santa Uxía) a terceira edición da Noite Tradi, organizada pola Asociación Cultural Bailadela e a Concelleria de Cultura de Ribeira. Contou coa actuación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.