As candorcas impiden a celebración da segunda xornada da Regata Gadis en Ribeira

20 Agosto 2023

A manda de candorcas (orcas) avistada durante a xornada do sábado na cara exterior da illa de Sálvora fixo presencia este domingo no interior da ría de Arousa, con polo menos tres exemplares ratificados de maneira oficial pola Xunta de Galicia a través da súa aplicación Orcinus.

Esta circunstancia e por motivos de seguridade provocou que non se puidese celebrar a segunda xornada da Regata Gadis, promovida desde o Club Náutico e Deportivo de Ribeira a favor da vela infantil e xuvenil, resolvendo a cita velística os resultados obtidos o primeiro día da competición.

En Optimist vencía o regatista do Club Alamar Sada, Evan Pérez, cuns parciais de 1-2-6, sumando 9 puntos. Segundo foi Jacobo Reiriz e terceiro Alejandro Gestoso, ambos os do Náutico de Ribeira, con outros nove puntos Reiriz e dous máis, Gestoso.

Nos ILCA 4, levaba o cetro dourado o tamén representante do club sadense, Eduardo Ferreiro, con 10 puntos froito dos seus resultados individuais que foron 1-5-4. Con 15 puntos foi segundo Bruno Iglesias, e con 17 Tiziano Cadavid, ambos os do Club Náutico e Deportivo de Ribeira.

Por último, en Escola, os máis noveis da Regata GADIS, queda pendente por resolver, tras faltar polo menos e como mínimo, unha proba para poder puntuar e realizar unha clasificación.

A entrega de premios adiantouse ás 17.00 horas, presidida por José Luis Torres Colomer e con boa presenza da Corporación municipal de Ribeira.

Fotos Juan Caballero

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eurocopa”. Xulio Xiz

“Eurocopa”. Xulio Xiz

Noto o peso dos anos, máis ca fisicamente nas continuas referencias a tempos idos. E non porque xeneralice a bondade do pasado, que moito habería que matizar, senón porque o paso do tempo me vai permitindo comparar situacións que me parecen aberrantes. O deporte –...