As instalacións deportivas da Cachada contarán cunha nova cuberta para eliminar as filtracións de auga

04 Agosto 2023

O Concello de Boiro executa obras para a construción da cuberta no Pavillón Polideportivo da Cachada, unhas actuacións coas que está previsto eliminar as filtracións de auga na pista e que estímanse que rematen nun mes. Ademais destas obras, durante o mes de agosto vanse levar a cabo outras actuacións para o acondicionamento e mantemento xeral do vaso da Piscina Municipal, polo que as instalacións estarán pechadas ao público do 14 de agosto ao 4 de setembro.

Segundo explica o Concello, “con esta actuación vaise instalar unha estrutura metálica para a cuberta do pavillón que lle proporcione unha maior pendente e realizar unha cuberta a dúas augas”.

As obras ascenden a un importe de 172.702,09 euros e están financiadas con fondos propios.
O obxectivo desta actuación é “corrixir as deficiencias da cuberta e eliminar definitivamente as filtracións de auga para cando comece a época de choivas”.

Outros artigos

Este venres 10 arrincan as Festas do Verán de Cures

ACTIVIDADES - 78 Este venres 10 de xullo comezan na parroquia boirense de Cures as Festas do Verán 2026, que ofrecerán actividades lúdicas, culturais, relixiosas e gastronómicas ao longo de toda a fin de semana (dende o venres ata o domingo 12 de xullo). A axenda dará...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.