As dunas de Corrubedo acollen un voluntariado ambiental internacional

07 Agosto 2023

O Concello de Ribeira, a través da Concellería de Cultura, Mocidade, Medio Ambiente e Benestar Animal, organiza un voluntariado ambiental baixo a tutela do persoal do Parque Natural de Corrubedo. O programa desenvolverase dende o 6 até o 17 de agosto.

A actividade, deseñada para 15 mozos e mozas de 18 a 30 anos, ten como obxectivo “asegurar a protección, recuperación, fomento e difusión dos valores ambientais e do patrimonio natural do complexo dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán”.

Os traballos propostos consisten en labores de mantemento do espazo natural como a reconstrución e consolidación de sendeiros, eliminación de especies autóctonas, vixilancia de incendios, retirada de plásticos e microplásticos; e traballos de información e sensibilización do visitante”.

Por outra banda, o propósito xeral deste tipo de actividades é “o de espertar o interese e o sentido crítico dos participantes cara o medio ambiente; así como dar a coñecer técnicas educativas para enfocar actividades dende o respeto pola natureza e a protección da contorna”, explicou a edil de Cultura, Mocidade, Medio Ambiente e Benestar Animal de Ribeira, Antía Alberte.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.