“Aínda que non demita, non foi un pico, foi un sacho”. Antón Luaces

25 Agosto 2023

Cheguéi a pensar que sí, que aínda quedaba no interior de Rubiales unha miguiña de boahomía e que, tal e como dixera o xoves, ía presentar na asemblea da Federación Española de Fútbol dop venres a renuncia ao cargo de presidente. Pero Luis Rubiales metéuse un gol en propia meta e dixo aos asembleistas que o que pasara na final do Campionato Mundial de Fútbol Feminino fora cousa non premeditada, algo que saiu así: consentida e de mútuo acordo. Un pico, porque non tiñan pá. E a asemblea de ben pagos, con aplausos, incitou aos “de arriba” a que animaran, meu pobriño, ao presidente da RFEF a continuar no cargo. Máxime  cando el mesmo confirmara que un máis ou menos alto cargo da mesma federación ía pasar a cobrar anualmente medio millón de euros libres de pò e palla. E os asambleistas, olbviamente, non quixeron escoitar outra cousa: a gasolina incrementou novamente o seu prezo, e o anuncio de medio millón de euros per cápita non se da todos os días. E aplaudiron, vaia se aplaudiron. Máis, moito máis, ca no grotesco xesto de mover o instrumento da entreperna -cousa que debe tocar ben, moi ben- sen importarlle que estaba dediante da raíña e a infanta de España e milleiros de persoas que non acodiran al estadio de Sidney para ver como o señor Rubiales abaneaba o palán. Outros moitos millóns de tranquilos cidadáns seguiron a peripecia palanqueira por centos de canles de televisión. O que importaba é que se vira que a verga rubialeira facía e desfacía ao seu antollo.

As futbolistas españolas, cunha única voz, desmentiron o venres pola tarde canto na asemblea da mañá dixera o presidente sobre o consentimento de Jennifer Hermoso para o “pico” e o achegamento corporal previo que Rubiales mencionara na asemblea. E España e o mundo -coa excepción do adestrador Luis Enrique e o asembleistas ¿pagados? de pola mañá e medio quiñón anual- contemplamos na televisión e escoitamos na radio a desmesura dun home que mentou as súas fillas para desmontar as críticas que se gañara a pulso pensando que, unha vez mais, os estadios catarís non  tiñan váteres para as mulleres ata que el levou aló a final da Copa de Fútbol de España.

Coa de area que hai nos emiratos árabes para peneirar e temo aquí, na RFEF, a Luisiño o Penereiro.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.