Aguiño celebrou con éxito a XXIV Festa do Percebe. Rianxo servíu catro mil racións de mexillón

06 Agosto 2023

Cedida

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, salientou hoxe a importancia de citas gastronómicas como a Festa do Percebe de Aguiño para enxalzar o traballo dos profesionais da pesca e dar a coñecer en todo o mundo a calidade dos produtos do mar de Galicia. Neste sentido, destacou a relevancia dunha cita
que chega este ano á súa XXIV edición tras ser declarada o ano pasado como festa de interese turístico galego polo Consello da Xunta.


O titular de Mar recoñeceu durante este evento -ao que tamén asistiron a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez- o traballo da confraría de pescadores de Aguiño-Carreira e o arriscado labor dos percebeiros, gabando a excelencia e calidade do crustáceo que colleitan.

Tamén tivo mencións especiais para os dous Percebeiros de Honra desta edición: Manuel Ruiz Rivas, que foi alcalde da localidade durante 12 anos e agora senador, polo seu apoio ao sector do mar e á festa gastronómica por excelencia de Ribeira; e Rubén Lijó, que durante 15 anos foi rescatador no helicóptero Pesca 1 de Gardacostas de Galicia. O acto contou tamén coa presenza amais do alcalde de Ribeira Luís Pére e do Concelleiro, Vicente Mariño de Bricio.

A Xunta destaca a importancia da Festa do percebe de Aguiño como escaparate para dar a coñecer a calidade dos produtos do mar

Pola súa banda Rianxo acolleu con éxito unha nova edición da súa Festa do Mexillón. A degustación do bivalvo da ría corría por conta do Club de Remo e a Asociación Gastronómica e Cultural da Festa do Mexillón que fixo seis preparacións distintas máis un prato degustación para quen quixese catar todas as receitas. A proposta, que alcanzou a súa duodécima edición, foi todo un éxito e servíronse unhas catro mil racións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.