A Xunta investiu 2,6 millóns na posta a punto dos centros educativos do Barbanza

31 Agosto 2023

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Noia, Santiago Freire, supervisou ese xoves 31 de agosto os traballos de posta a punto que se están a levar a cabo no IES Virxe do Mar. Neste centro educativo o Goberno galego vén de investir máis de 339.000 euros para levar a cabo a substitución de xanelas, a reparación dunha marquesiña e a renovación da fachada principal.

“Esta actuación permite avanzar neste instituto no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para impulsar centros educativos máis sustentábeis e innovadores”, lembrou o delegado, ao tempo que fixo un repaso polas obras en centros educativos impulsadas este verán na área do Barbanza ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica.

En concreto na comarca do Barbanza destínanse máis de 2,6M€ para executar 28 diferentes tipos de obras en colexios e institutos ao abeiro deste plan, dixo. Máis polo miúdo, están en marcha 7 grandes obras na comarca por un importe de 2,4 millóns, no CPI Cernadas de Castro en Lousame, en Noia no IES Virxe do Mar, no CEIP de Outes, no CEP Salustiano Rey Eiras da Pobra, no CEIP Santa Irene de Porto do Son, no CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao de Rianxo e no CEIP O Grupo de Ribeira.

O representante do Goberno autonómico tamén lembrou que se están a executar outras 18 obras menores en centros educativos da comarca do Barbanza por un importe de case 200.000 euros, nos concellos de Boiro, Carnota, Mazaricos, Muros, Noia, A Pobra, Rianxo e Ribeira.

Trenor resaltou os traballos para instalar placas fotovoltaicas en 3 centros educativos, no IES Fontexería de Muros, no IES Campo Alberto San Alberto de Noia e no IES Coroso de Ribeira que supoñen “un investimento total de máis de 86.000 euros para mellorar a eficiencia enerxética nestes centros”.

“Con todos estes investimentos, apuntou o delegado, nestes momentos a Xunta ten comprometidos, e na maior parte en execución, máis de 2,6 millóns de euros para dar resposta ás necesidades dos centros educativos da área do Barbanza”, explicou.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.