A Xunta destaca o intenso labor de Santiago Llovo a prol da difusión e posta en valor do patrimonio marítimo galego

31 Agosto 2023

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, participou hoxe na presentación do libro A salga no fin do camiño. As fábricas de Fisterra, no que Santiago Llovo cataloga as plantas de salgadura das que quedan vestixios na zona co obxectivo de preservalos e poñelos en valor. O representante da Consellería do Mar enxalzou o intenso labor deste historiador-escritor para afondar nas orixes da actividade industrial marítimo-pesqueira dos distintos puntos do litoral de Galicia, unha actividade iniciada cos empresarios cataláns que impulsaron a salga da sardiña converténdose en precursores do que agora é a industria de transformación de produtos do mar da comunidade. 

Antonio Basanta destacou a prolífica traxectoria de Santiago Llovo neste eido e o seu rigor documental, recorrendo en todas as súas obras a fontes de información moi diversas, algunhas delas incluso inéditas, que permanecían agochadas nos arquivos públicos. Ese traballo, dixo, contribúe a preservar toda esa información e poñela a disposición das vindeiras xeracións. Nesta liña, o director xeral animou ao autor a continuar con ese gran labor de recompilación pois concorda co compromiso da Xunta coa preservación do patrimonio marítimo-pesqueiro galego, que se materializa no Plan da Cultura Marítima de Galicia-Horizonte 2030. 

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...