A XIV Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal celébrase este domingo 27 de agosto

26 Agosto 2023

O XIV Circuíto de Carreiras Populares do Barbanza Arousa 4 carreiras, 1 meta comeza no 27 de agosto coa décimo cuarta edición da Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal. Trátase dunha cita deportiva xa consolidada no calendario de eventos da localidade e que, ademais, conta co apoio doutros organismos como a Deputación da Coruña, ao adscribirse ó IX Circuíto Provincial de Carreiras Populares, e a Federación Galega de Atletismo (FGA).

As saídas efectuaranse das 10.45 horas en diante dende a rúa Fernández Albor para, sucesivamente, cada categoría completar a distancia que lle corresponde. E, arredor das 13.30 horas, procederase coa entrega de premios no interior da praza Alcalde Segundo Durán, que se establece como meta.

Outorgaránselles trofeos ós/ás tres primeiros/as clasificados/as por categoría, repartiranse agasallos e 910 euros en premios ós/ás cinco primeiros/as clasificados/as da xeral, camiseta técnica para os/as participantes na proba absoluta e medallas para a sub-6 e sub-8. A maiores, daránselle 400 euros (200 euros na modalidade feminina e 200 euros na masculina) á mellor marca.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.