A rapazada de Outes Concilia embarcouse no histórico balandro Joaquín Vieta

16 Agosto 2023

A semana pasada proseguiron as actividades de lecer do Campamento de Verán do programa Outes Concilia. Entre as actividades levadas a cabo destacou a saída polo mar da rapazada participante no campamento a bordo do veleiro Joaquín Vieta. A maiores, o luns 14 de agosto pasárono en grande nunha xornada de inchábeis de auga.

O veleiro Joaquí Vieta é un histórico balandro con sede operativa no porto do Freixo, en Outes. De feito, considérase o veleiro en activo máis antigo da costa galega. Trátase dunha embarcación construída en 1916 nos estaleiros do Freixo, no concello de Outes. O encargado do mesmo foi Joaquín Vieta Ros, e o papel da embarcación era o transporte de mercadorías desde Vigo a Muros para a subministración de todo tipo de materiais ao servizo da flota pesqueira dese porto. Con dous paus e 18 metros de eslora, leva máis de 100 anos de funcionamento ininterrompido.

No ano 2010 rehabilitouse como buque de recreo e museo da súa propia historia, destinando as súas saídas a visitas pola ría de grupos, combinando actividades na cuberta e no seu interior, xa sexa como sala de actividades, de reunións ou exposicións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.