A presenza dunha bacteria na auga desaconsella o baño nas praias de Coroso e a Corna

07 Agosto 2023

O Concello de Ribeira notificou á primeira hora da tarde deste luns que non recomendaba o baño na praia de Coroso e da Corna. Esta advertencia veu por mor das probas que a Consellería de Sanidade realiza periodicamente na costa galega, e nos que quedou reflectido que nas augas dos areais ribeirense existía unha elevada presenza de enterococos intestinais, máis coñecidos como escherichia coli.

Nestas análises desaconséllase o baño temporalmente ata que os parámetros regularícense no seguinte control. Está previsto que ao longo do martes o Concello teña coñecemento dos resultados dunha nova proba que encargou na tarde deste luns e que, en caso de lanzar un resultado favorable, significará o levantamento da recomendación e a volta ao baño habitual na praia.

A bacteria detectada en Coroso é moi habitual e adoita aparecer por mor dun funcionamento deficiente dos sistemas de saneamento ou porque a rede de sumidoiros aínda non chega a todos os núcleos de poboación.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...