A nova edición da Feira Artesanal e mariñeira Artemar abre as súas portas en Ribeira o 17 de agosto

14 Agosto 2023

A Feira Artesanal e Mariñeira Artemar volve ás rúas da cidade de Ribeira. Farao do 17 ao 20 de agosto e co obxectivo de “animar e dinamizar o verán no municipio”, segundo fixeron saber na presentación da nova edición do evento o rexedor Luís Pérez Barral e os concelleiros de Mar e Turismo, Fernando Abraldes e Francisco Suárez-Puerta, que engadiron que a feira contará novamente con postos de venda de artesanía e espectáculos culturais. Ademais, explicaron, “a feira estenderase ao longo das zonas peonís facendo un percorrido integrado polas rúas de Galicia, Rosalía de Castro, Santa Uxía, Porta do Sol e praza do Concello”. Nestas localizacións instalaranse postos venda de produtos de alimentación e artesanía, así como tamén obradoiros demostrativos de oficios como o das redeiras, actividades infantís e contacontos.

“É preciso potenciar os produtos do noso mar como o lirio ou a sardiña, aqueles que
pescamos cos nosos barcos a diario” afirmou Fernando Abraldes, concelleiro delegado da
área de Mar. Pola súa parte, Francisco Suárez-Puerta, concelleiro de Turismo e Festexos explicou que o evento “pretende ofrecer unha alternativa máis de ocio aos ribeirenses e atraer visitantes ao municipio cunha feira temática que favoreza ao comercio e hostalaría local.”

Durante a feira mariñeira celebraranse espectáculos nocturnos na praza do Concello, contando coa implicación de asociacións e artistas locais. O peche da feira será o domingo 20 cun sorteo ás nove e media na praza do Concello e o conxuro da queimada, con degustación gratuíta ata esgotar existencias.

“Atendendo ás demandas de anos anteriores, os días 17, 18, 19 e 20, restrinxirase a circulación de vehículos só de 12:00 a 14:00 e de 20:00 a 22:00. Nas restantes horas permitirase o tráfico para que os veciños e veciñas que viven nas rúas afectadas poidan acceder ás súas vivendas e garaxes”, aclarou o alcalde Luís Pérez.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.