A mellora da estación depuradora de augas residuais de Noia suporá un investimento de máis de 2,3 M€

08 Agosto 2023

Este martes 8 de agosto o Diario Oficial de Galicia publicou a encomenda do Goberno galego á empresa Tragsa da mellora na EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais).

Os traballos, que contan cun prazo de execución de 10 meses, céntranse na reforma, transformación e modernización dos distintos elementos que compoñen a planta de tratamento de augas municipal e mellorar o saneamento da ría de Noia.

Esta nova intervención da Xunta inclúense no Plan de Saneamento Local e redundarán, en palabras da Xunta, “na mellora da calidade de vida dos veciños e no futuro da pesca, do marisqueo e do turismo”.

O Goberno galego engade que a día de hoxe “as instalacións municipais de tratamento de augas residuais de Noia presentan deficiencias en distintos equipos de funcionamento e de capacidade, provocando vertidos contaminantes á ría”.  Ademais, o propio edificio que alberga a depuradora presenta deficiencias na estrutura, “precisando da renovación da metade da cuberta e das baixantes, fundamentalmente polo ambiente corrosivo, así como da instalación dun bo sistema de ventilación para evitar que o proceso corrosivo se reproduza”.

As obras

Para solucionar estes problemas coa encomenda da entidade hidráulica da Xunta a Tragsa, os traballos céntranse na reforma, transformación e modernización dos distintos elementos que compoñen a planta de tratamento de augas residuais municipal. 

Máis polo miúdo, entre os traballos inclúese a instalación dunha nova reixa de grosos automática, previa ao bombeo de cabeceira, interceptando as conducións de entrada antes da reixa existente e deixándoa como by-pass, para o que se instalarán comportas para independizar cada unha das canles.

Amais, instalarase unha ponte desareadora desengraxadora que enviará as areas ao clasificador de areas e as graxas ao concentrador.

Disporase un novo equipo de produción de microburbulla para optimizar do proceso do sistema de flotación por aire disolvido para a optimización do proceso da auga a tratar.

Na reforma desta planta de tratamento de augas residuais inclúese, tamén, a instalación de novos equipos de dosificación de reactivos. 

As actuacións, ademais, “prevén a renovación da metade da cuberta do edificio que queda por substituír e das baixantes de recollida de auga”, sinálase, engadíndose que “tamén se incluirá a instalación de sistema de ventilación para a renovación do aire do edificio”. 

Esta intervención enmárcase no convenio selado entre a Xunta e o Concello de Noia, polo que a Administración autonómica comprométese a executar e financiar integramente as actuacións; e a Administración local, pola súa banda, asume a recepción, mantemento e conservación das actuacións que se leven a cabo.

A intervención será co-financiada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa Feder Galicia 2014-2020 e do programa Galicia Feder 2021-2027.

A Xunta leva investido nos últimos anos 4,7 millóns de euros en actuacións de apoio ao Concello de Noia en materia de infraestruturas hidráulicas, destacando a execución da rede de colectores xerais ou a mellora da depuradora.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.