A Mancomunidade Barbanza Arousa presentouse esta mañá a Rede Comarcal de Sendeiros

02 Agosto 2023

A Mancomunidade Barbanza Arousa presentouse esta mañá a Rede Comarcal de Sendeiros. Estes sendeiros veñen a reforzar a oferta dispoñible para a realización de actividades en contacto coa natureza, tan demandadas na actualidade, tanto para os veciños e veciñas de Barbanza Arousa como para os visitantes e turistas.
A información das rutas está dispoñible na web da mancomunidade www.barbanzarousa.gal no seu apartado “deporte e natureza”, no que se poden consultar as características e datos de interese dos catro sendeiros:

  • No concello de Rianxo: PR-G 261 Roteiro do Río Té
  • No concello de Boiro: PR-G 264 Roteiro do Castelo de Vitres
  • No concello da Pobra do Caramiñal: PR-G 263 Subida á Curota polo Río Pedras
  • No concello de Ribeira: PR-G 265 Senda Fluvial do Río Artes
    Estes catro sendeiros acadaron a homologación pola Federación Galega de Montañismo e atópanse perfectamente sinalizados, sendo aptos para todos os públicos.
    Con este proxecto da Rede Comarcal de Sendeiros fortalécese a imaxe do destino Barbanza Arousa como un destino para o turismo familiar, no que a sustentabilidade e calidade son base para o desenvolvemento da actividade turística.

Ao acto asistiron o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, presidente da mancomunidade, o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, o alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal e o concelleiro de Turismo, Festexos, Relacións Institucionais e Novas Tecnoloxías do Concello de Ribeira, Francisco Suárez. Así mesmo, participaron na presentación destes sendeiros, Fátima Cachafeiro, xerente da mancomunidade e Xoán Fontaíña, asesor técnico no deseño destas rutas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...