A Banda de Música Ateneo Musical da Pobra ofrecerá tres concertos de verán na localidade

23 Agosto 2023

Dous espazos céntricos da localidade vibrarán ao son dos tres concertos de verán que ofrecerá a Banda de Música Ateneo Musical da Pobra.

A este respecto, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, indicou que se lle deu continuidade a esta proposta que non só contribúe a dinamizar a vida cultural do municipio ao final da época estival, “senón que tamén se converte nunha maneira atractiva de lle amosar ao público o traballo e talento das persoas que integran a dita banda”.

O primeiro dos concertos será no 26 de agosto, ás 22.00 horas, no Cantón da Leña, lugar que será escenario dunha segunda sesión no 1 de setembro, ás 21.00 horas. As actuacións rematarán no 3 de setembro, ás 13.00 horas, nos Xardíns de Valle-Inclán.

Para asistir non é preciso inscribirse.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.