A Asociación de Empresarios de Ribeira e o Concello presentan a nova edición de Gastromar

04 Agosto 2023

A sede da patronal acolleu este 4 de agosto a presentación da segunda entrega da Feira Gastromar, impulsada dende a Asociación de Empresarios de Ribeira en colaboración coas Confrarías de Aguiño e Ribeira, cos produtores de mexillón (OPMEGA), co Concello de Ribeira e, tamén (nesta segunda edición), coa Cooperativa de Armadores de Ribeira. O obxectivo será novamente “poñer en valor e dar a coñecer os peixes e mariscos da nosa ría”, sinalaron, ao tempo que destacaban a necesidade de reivindicar os produtos que, polas razóns que sexan, non adquiren as meirandes cotización e demanda no mercado. Na cita participaron, entre outros, o presidente da patronal, Francisco Martínez Gude, e máis o alcalde Luís Pérez Barral. A nova edición de Gastromar terá formado de gran degustación, e celebrarase os días 25, 26 e 27 de agosto no mesmo escenario elixido para a primeira edición: a praza de España de Ribeira. A intención dos organizadores é mellorar a implicación, a participación e a visibilidade da convocatoria anterior, “da que quedamos moi satisfeitos dos logros alcanzados”, sinalou o presidente da asociación, Francisco Martínez Gude.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.