A ABE participa na estratexia para consolidar a Rede de Viveiros Industriais de Galicia

10 Agosto 2023

A Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia puxo en marcha unha convocatoria de Manifestación de Interese (MdI) co obxectivo de establecer unha estratexia de apoio á consolidación e dinamización da Rede de Viveiros Industriais de Galicia.

Entre as entidades que brindaron a súa colaboración atópase a Asociación Boirense de Empresarios (ABE).

A través desta estratexia preténdese “potenciar e dinamizar a rede, fortalecendo e mellorando non só os viveiros de titularidade municipal, senón tamén incorporando aquelas iniciativas privadas ou públicas que poidan ter a consideración de viveiro industrial”.

O obxectivo desta MdI, dirixida tanto ás entidades da administración local como a empresas, agrupacións industriais empresariais, asociacións sen ánimo de lucro e entidades públicas, é “que calquera axente interesado puidera achegar suxestións de mellora, así como consultar ao mercado en relación con aqueles proxectos similares susceptíbeis de ser apoiados e integrarse na rede”.

A ABE participa na iniciativa a través dunha das súas estratexias básicas recentes: potenciar o uso do viveiro boirense desenvolvendo nel diferentes iniciativas como por exemplo Lab Barbanza, un proxecto de incubación de proxectos empresariais que pretende atraer emprendedores a nosa localidade.

A MdI enviada pola ABE á Consellería vai encadrada no primeiro obxectivo que se marca neste programa que é “a identificación e proposta de medidas que se deberían implantar para consolidar e dinamizar os viveiros industriais existentes, no nosa caso o de Boiro que é un dos 17 xa construídos que pertencen a rede da Xunta”.

A mostra de interese trata sobre o desenvolvemento dun programa de impulso a economía local dende os viveiros en colaboración coas entidades empresariais mais representativas do territorio con 3 obxectivos principais:

-Impulsar a economía local abrindo os viveiros ao empresariado da localidade realizando programas de promoción económica en común.

-Dinamizar tanto os viveiros como o tecido empresarial local.

-Coordinar iniciativas existentes e potenciar novas accións.

A memoria detallada xa foi enviada á Xunta que a analizará, xunto coas presentadas polo resto de axentes, de cara a deseñar os instrumentos de apoio necesarios para a súa posta en marcha.

As fotografías corresponden ao Demoday da I edición de Lab Barbanza celebrado no Viveiro de Empresas de Boiro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La Confianza” – José Antonio Constenla

“La Confianza” – José Antonio Constenla

En la actualidad atravesando una crisis de confianza, con mil explicaciones, pero ninguna sencilla ni clara, que dificulta la comprensión del mundo en el que vivimos. Un efecto de estos es que los discursos no sintonizan con la realidad en la que estamos inmersos....