A ABE entrega 1.000 euros e 2 bicis na primeira parte da campaña Quincenas Fantásticas

03 Agosto 2023

Na mañá deste 3 de agosto a sede da patronal de Boiro acolleu a entrega de premios da primeira parte da campaña de verán da patronal boirense: a nova edición da campaña Quincenas Fantásticas.

En total achegáronse 1.000 € en Bonos ABE repartidos en 2 x250, 2×150 e 2x 100 euros e 2 bicicletas encartábeis ás persoas gañadoras dos sorteos da primeira e segunda quincenas do mes de xullo.

O presidente, Daniel García, foi o encargado de entregar os premios e quixo por unha parte “agradecer a alta participación dos clientes na campaña que se bateron todos os récords” e por outra “a confianza dos premiados no comercio de Boiro para facer as súas compras”. Así mesmo animou a “seguir participando nos próximos sorteos xa que aínda quedan 2.000€ e 2 bicis por entregar”

O sorteo realizouse entre os 2.967 tíckets rexistrados neste mes de xullo e as persoas gañadoras poderán utilizar os bonos ABE , sen caducidade, en calquera negocio asociado.

Premios, premiados e comercios onde se realizou a compra

250 €

FRANCISCO J. VILAS

BALDANI CONCEPT STORE

150 €

PILAR PIÑEIRO

PANADERÍA LA ESPIGA

100 €

YOLANDA FUNGUEIRIÑO

DEPORTES SR BALÓN

BICICLETA

IVAN GARCÍA

BICICLETA

250 €

MONICA OUTEIRAL

HERBORISTERIA FIUNCHO

150 €

NOEMI VIEITES

CERVECERÍA GILLIGANS

100 €

NIEVES GARCIA

CARNICERIA MONCHO BOGA

BICICLETA

SILVIA LAMPÓN

CONGELADOS DIGNA

Próximos sorteos

A campaña denominada Quincenas Fantásticas segue en marcha ata o 31 de agosto e aínda se van sortear 500 € e 1 bici ao remate de cada unha das 2 quincenas restantes do verán (1 premio de 250, 1 premio de 150 e 1 premio de 100 euros + a bici) e un premio especial de 1.000 e para un único agraciado no que participarán todos os rexistros do verán

Para participar os clientes deben realizar unha compra nun establecemento asociado a ABE e rexistrala en www.abe.gal.

A campaña está co-financiada pola Xunta de Galicia

Próximos sorteos

Tíckets rexistrados do 1 ao 15 de agosto >> sorteo o 16 de agosto

Tíckets rexistrados do 16 ao 31 de agosto >> sorteo o 1 de setembro

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.