A ABE destaca o éxito de vendas e visitantes acadado en Boiro pola Festa de Final do Verán

28 Agosto 2023

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) fixo balance da actividade xerada pola súa Festa de Final do Verán, organizada en colaboración co Concello, que incluíu actuacións musicais, actividades para a rapazada e descontos dos establecementos locais (que ofreceron centos de produtos a prezos de liquidación durante toda a fin de semana e repartiron gratuitamente aos seus clientes 2.000 bolsas de algodón). En palabras da patronal, a celebración foi “un éxito total”.

Afluencia masiva

Miles de clientes e visitantes acudiron a esta nova cita que, segundo informou a ABE, “veu para quedar”. A axenda comezou coa iniciativa Stocks Fóra na que os negocios asociados á ABE ofreceron miles de produtos a prezos de liquidación durante toda a fin de semana ademais as compras ían acompañadas do agasallo dunha bolsa de algodón (repartíronse 2000) e de sorteos de premios. “O sinal de que o nivel de vendas foi moi alto”, informou a asociación no seu balance, “veu polo dato de rexistro de tíckets de compra na aplicación da web da ABE xa que en so 48 horas (venres 25 e sábado 26) rexistráronse nada mais e nada menos que 541 compras que comparadas, por exemplo, coas mesmas 48 horas da fin de semana anterior a do 18 e 19 de agosto na que foron 185 supuxeron un aumento do 292%, é dicir, multiplicáronse por 3”.

Os premios

Respecto dos premios o sorteo realizouse na mañá deste 28 de agosto na sede da patronal e as persoas gañadoras dos carros da compra e de 50€ foron para:

-Ana Vázquez Dieste. Número 13.

-María Dieste Places. Tiendas Pillados.

-Patricia N. S. Lolita Moda.

-Cristina Rodríguez Cespón. Mercería Lorema.

-Laura Silva López. Electrodomésticos Otero.

As persoas gañadoras poderán utilizar os seus bonos ABE para gastar en calquera das 201 empresas asociadas e non teñen caducidade.

Actividades paralelas

En relación as actividades paralelas a patronal destaca “a multitude de nenas e nenos que acudiron a divertirse nos inchábeis, no toro mecánico e na festa da espuma que tiveron lugar durante o venres e sábado e tamén tiveron moito seguimento ás animacións que programou o Concello de Boiro polas rúas da localidade”.

Tamén tivo unha importante repercusión a fin de festa que se celebrou no parque da Cachada. Durante todo o día as actuacións musicais e degustacións contaron con multitude de visitantes pero sen dúbida o momento álxido foi o concerto da grupo +dMANÁ que liderados polo carismático cantante italiano Luca Lavelli fixeron as delicias do público.

A valoración do presidente da ABE foi “altamente positiva xa que con esta iniciativa conseguimos atraer a Boiro a numeroso público que consumiu na localidade tanto nos comercios coma nos locais de hostalería que era o obxectivo da campaña” e amosou a intención da entidade de “seguir potenciando esta cita para que se estableza definitivamente no programa de actividades da asociación e do Concello”

O concerto de homenaxe a Maná

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.