Unha fronte entrará polo noroeste ao longo da próxima noite. Pola mañá teremos ceo despexado. Ao longo da tarde irán aumentando as nubes medias e altas desde a comarca. Xa pola noite, haberá chuvias febles máis probables en comarcas próximas ao litoral.
As temperaturas mínimas ascenderán de xeito lixeiro ou localmente moderado e as máximas descenderán na fachada atlántica e quedarán sen cambios significativos no resto. O vento irá virando de compoñente norte a compoñente oeste ao longo da mañá, acadando intensidade moderada entre Fisterra e Bares.
O venres teremos unha xornada de chuvascos con baixa das temperaturas máxinas. O tempo estival regresa a fin de semana.

meteogalicia
O noso mar: Vento variable á mañá, do sudoeste á tarde e do sur á noite, forza 2 a 3 á mañá e á tarde e 2 a 4 á noite. Mar ovellado. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1.5 metros á noite.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 05:19 | 1.4 m |
| Preamar | 11:46 | 2.8 m |
| Baixamar | 17:51 | 1.4 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 05:09 | 1.4 m |
| Preamar | 11:34 | 2.8 m |
| Baixamar | 17:42 | 1.5 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 05:15 | 1.4 m |
| Preamar | 11:42 | 2.8 m |
| Baixamar | 17:48 | 1.4 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



