Xosé Merelles destaca a importancia da ruta Traslatio para impulsar a Galicia como destino turístico náutico

08 Xullo 2023

Forman parte deste proxecto os portos ou clubs náuticos de Ribeira, Boiro, Pobra do Caramiñal, Rianxo, O Grove, Sanxenxo e Vilanova de Arousa

O director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, participou no acto previo á celebración da XXXVII edición do remonte conmemorativo da Traslatio, onde indicou a importancia desta ruta para impulsar a Galicia como destino turístico náutico.

Merelles lembrou que a Xunta ten asinado un convenio coa Asociación de Clubes Náuticos de Galicia para a promoción da Ruta Traslatio, que no marco das accións de cohesión en destino do Plan Xacobeo Next Generation, destina a este proxecto 1,3 millóns de euros, co obxectivo de impulsar a Galicia como destino turístico náutico.

O convenio ten como obxecto revalorizar os activos turísticos vinculados á Ruta Traslatio, con accións de mellora da eficiencia das infraestruturas portuarias, rehabilitación de infraestruturas e a dixitalización de recursos para optimizar a experiencia do visitante náutico a Galicia. Forman parte deste proxecto os portos ou clubs náuticos de Ribeira, O Grove, Sanxenxo, Vilanova de Arousa, Boiro, Pobra do Caramiñal e Rianxo.

Trátase dunha aposta por revalorizar os activos turísticos, levando adiante accións que permitan mellorar a experiencia dos usuarios ao tempo que melloramos a eficiencia das infraestruturas portuarias, rehabilitamos estruturas e poñemos en valor medioambiental e patrimonialmente os recursos turísticos cos que conta o trazado polo que discorre esta ruta xacobea única.

“Dende a Xunta temos moi clara a importancia que ano tras ano está collendo o turismo náutico e queremos facer de Galicia unha potencia turística para o sector náutico”, indicou o director de Turismo.

Ruta Traslatio

A ruta Traslatio trátase dunha das dez rutas xacobeas oficialmente recoñecidas e a única que existe polo mar, rematando cun remonte polo río Ulla co que se conmemora a chegada a Galicia, por mar do corpo do apóstolo Santiago. Os portos de Ribeira e do Grove marcan a entrada á ría de Arousa, por cuxas augas navegou a barca do apóstolo as súas últimas millas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.