Xerais 2023: Diego Calvo, en Noia, pon de exemplo o sucedido en Ribeira para incidir na importancia de unir o voto e conseguir “gobernos sólidos e sen ataduras”

19 Xullo 2023

O presidente do Partido Popular na provincial da Coruña, Diego Calvo, aproveitou o mitin que a súa formación celebrou esta noite en Noia para incidir na importancia de unir o voto ao redor da papeleta da súa formación para “garantir” a vitoria de Alberto Núñez Feijóo o vindeiro domingo e, de paso, dixo, evitar “desgustos” como os vividos na provincia da Coruña nas últimas eleccións municipais do mes de maio.

Dixo que “se queremos que gañe Feijóo, hai que votar a Feijóo. Que ninguén se engane, todo o que non sexa coller a papelta do Partido Popular é darlle folgos a Pedro Sánchez”, afirmou Calvo, quen recordou, sen ir máis lonxe, o sucedido hai unhas semanas nas que os votos que se foron a Vox permitiron que PSOE e BNG sigan á fronte do goberno da Deputación da Coruña, “por non falar do que temos que soportar agora en Ribeira cun goberno que non ten sentido ningún”.
“Perdemos un deputado provincial nos partidos xudiciais da Coruña, Santiago e Noia por culpa dos que votaron a Vox e esos votos non serviron para nada máis que para que o BNG sumase máis deputados”, explicou o líder provincial, quen incidiu en que “non podemos cometer outra vez ese erro porque o poderiamos pagar caro o domingo e permitir que Sánchez siga catro anos máis”.
Acompañado da secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o candidato ao Senado, Manuel Ruiz Rivas, Calvo, que insistiu na “importancia” de acudir ás urnas o próximo 23J para “demostrar que queremos botar a Sánchez”, incidiu en que España “merece recobrar a estabilidade, a moderación e o sentido común perdido nos últimos anos”.
Neste sentido, o líder dos populares na provincial asegurou que a súa formación sae a gañar e recalcou a “necesidade” de unir o voto ao redor da papeleta do seu partido o próximo 23 de xullo para evitar “pactos de despachos e bloqueos” que impidan “desaloxar” a Pedro Sánchez da Moncloa.
“Necesitamos un Goberno que se deba só aos españois, sen intermediaries e sen ataduras. Un Goberno forte que non teña soportar interposicións e chantaxes de ningún tipo”, dixo Calvo, que puxo en valor a forma de facer política do PP, baseada na “credibilidade, a transparencia e o respecto”.
“O único obxectivo de Sánchez é que non goberne o PP, é capaz de gobernar sen gañar e farao a calquera prezo”, afirmou o popular, quen defendeu que os españois “non merecemos catro anos máis vendo como os sediciosos, malversadores, agresores sexuais, terroristas e okupas seguen sendo os favorecidos por cesións que chegaron a debilitar o noso Estado”.


O aval de Feijóo
Calvo aproveitou tamén para destacar a política cercana e de rúa que o líder da súa formación, Alberto Núñez Feijóo, está a levar a cabo durante as últimas semanas, fronte ao socialismo de Pedro Sánchez que, na seu opinion, cada día que pasa está máis afastado dos problemas reais que sofre a xente.
“Os que coñecemos ao noso presidente sabemos que é un home serio, traballador, de principios, de palabra e sincero. Sabemos que é un home cos pés na terra e que sabe de onde vén”, dixo o presidente popular quen, pola contra, referiuse a Sánchez como un dirixente que o único que fixo durante os últimos anos é mentir aos españois.
Nesta liña, o líder dos populares na provincial da Coruña fixo fincapé na diferenza que existe entre que os cidadáns poidan ter un goberno sereno e coherente como é o do Partido Popular en Galicia e ter un que o único fixo é “enfrontar, frivolizar, polarizar e defender os intereses particulares por encima dos xenerais do país”.
Un presidente para todos
Pola súa banda, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, sinalou que “se queremos un presidente que goberne para todos e que entenda mellor que ninguén as necesidades do litoral de Galicia, o domingo temos que votar a Alberto Núñez Feijóo”.
“Temos a gran oportunidade de dicirlle si a unha forma de facer política á galega e da man dun galego, que coñece Noia e O Barbanza á perfección. E dicirlle non a unha forma de facer política, a de Pedro Sánchez e todo o sanchismo, que significou a nada para esta comarca e para o resto de Galicia”, engadiu.
Así mesmo, a número dous dos populares galegos criticou o “ecoloxismo e feminismo de pancarta” do Bloque Nacionalista Galego, que se aliou cos Verdes en Bruxelas para acabar coa pesca de arrastre e votou a favor da Lei do ‘só si é si’, que deixou na rúa a 117 violadores ata o momento e coa que se rebaixou a pena a máis de 1.000 agresores sexuais.

Acto do PP de G en Noia

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A mellor, a da casa”. Luís Celeiro

“A mellor, a da casa”. Luís Celeiro

Todo ao grande, como debe de ser para aparentar fartura. En A Cañiza, neste mesmo ano,Alberto fixo o bocadillo máis grande que se coñece no mundo. Era de xamón, tan grandeque ninguén era quen de comelo enteiro. A barra de pan medía uns vinte metros delonxitude e a...

“Amigos”. Xulio Xiz

“Amigos”. Xulio Xiz

Eu era de facer anotacións de todo tipo, ata que as novas tecnoloxías me mudaron os hábitos. Hai anos utilizaba unha relación de varios folios onde tiña clasificados por orde alfabética amigos e coñecidos con enderezo, teléfonos e correos electrónicos. E, á parte,...