Vodafone duplica este verán a cobertura 5G en Muros, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Noia

11 Xullo 2023

Vodafone imformou dun importante reforzo na súa rede 5G nas zonas costeiras de Galicia. O obxectivo dos traballos foi “ofrecer a mellor experiencia, conectividade e velocidade de acceso a Internet aos seus clientes durante a tempada estival”. En concreto, duplicou a súa cobertura de rede 5G en 19 municipios costeiros galegos para mellorar a cobertura e a capacidade da súa rede 5G ante o estimado incremento do tráfico no verán.

Os municipios costeiros que poderán gozar desta mellora na conectividade 5G de Vodafone son: A Coruña, A Pobra do Caramiñal, Barreiros, Boiro, Ferrol, Foz, Marín, Miño, Muros, Nigrán, Noia, O Grove, Oleiros, Pontevedra, Sanxenxo, Soutomaior, Vigo, Vilaboa e Vilanova de Arousa.

Vista do porto de Muros

Despregadura 5G de Vodafone en Galicia

Este reforzo forma parte da despregadura de rede 5G na frecuencia de 700MHz que Vodafone ten previsto chegar a 138 municipios galegos e a máis de 2,2 millóns de habitantes na nosa xeografía durante este ano.

Grazas a este labor, explica a operadora, “ampliamos un ano máis a pegada efectiva da nosa cobertura 5G, alcanzando a un maior número de habitantes na Galicia que poderán descargar contidos a maior velocidade, navegar cunha menor latencia e ter un maior número de dispositivos conectados de forma simultánea sen perder calidade, mesmo en interiores de edificios; e tamén verán como mellora a calidade das chamadas de voz”.

Esta iniciativa reafirma o propósito da compañía por “conectar por un futuro mellor a través de redes móbiles Gigabit”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...