O vento, como en todas as regatas a vela, será o factor determinante na elección do percorrido, pendente o Comite da Regata Congalsa da fronte meteorolóxica que entrou por Galicia e que, dependendo da súa evolución e estado da mar decantarase por unha das 21 posibles alternativas que teñen programadas.
Entre esas alternativas cabe a posibilidade de circunnavegar a Illa de Sálvora, principal obxectivo da Regata Congalsa, que se poderá anular se as ondas, cuxo vento ás dúas da tarde, que é cando se dará a saída, será de dirección sur, provocando marusía nas rompientes que a protexen e, por tanto, mal estado da mar.
Neste caso pódense elixir ata os outros 20 trazados polo interior da Ría de Arousa, cuxo abanico de posibilidades van desde os roteiros costeiros de maneira parcial ou completa polo seu contorno, ata os máisntécnicos, como son os barlovento-sotavento e cuxas millas en distancia pódense reducir ou ampliar, dependendo da intensidade do vento.
Estas decisións tomaranse tan só uns minutos antes do bocinazo do Top, momento no que o Comité e observando as condicións, se descantaránpor unha das alternativas xa contempladas e nas que sempre
prevalece a seguridade.
Con toda probabilidade o percorrido será interior, dunhas 12 millas e tomando por fito de navegación a Illa de Rúa, con saída e chegada nas mesmas inmediacións do Club Náutico e Deportivo de Riveira, que é o anfitrión e organizador da Regata Congalsa.

Foto: Juan Caballero



