“Unha festa solidaria, cargada de ilusión”. Antón Luaces

23 Xullo 2023

Van aló 75 anos.

Era, daquela, unha Riveira que non atopara aínda o “b” que lle puxo posteriormente a normativización que, recuperada a democracia en España, eliminou aquí o papae (pai), a mamae (nai), a sábena (saba), os tiroleses (tirantes), o seseo, a gheada, mirín (mirei), pieza (váter), e tantas e tantas outras cousas que significaban, dun ou doutro xeito, elementos indispensables que marcaban -para ben ou para menos ben. nunca para mal-  a un pobo: os riveirenses, posteriormente ribeiráns ou ribeirenses.

Naquela Riveira (que hoxe é oficialmente Ribeira) nacía, grazas ao labor dun grupo de amigos, unha idea que agromou de tal xeito que, sete décadas máis tarde, non só non  esmorece senon que, ano tras ano, se revitaliza de tal xeito que aquela idea primixenia de axudar a unha familia necesitada facilitando a esta unha dorna que permitira ingresos de sobrevivencia a todos os seus integrantes, ven ser na actualidade un chamado á festa maior que fai esquecer ás que en agosto eran as festas patronais e, en setembro, as festas do cura (nas que sempre se contaba coa participación da Banda de Queiruga ou, como era coñecida popularmente, a “Charanga”, que facía pasarrúas pola mañá, concerto -se lle cadraba- polo mediodía, e verbena-baile na tarde noite.

Falo, sí, da Festa da Dorna, que deu vida de seu a bo número de familias locais ás que a comisión encargada de tal asunto adxudicaba un medio de existencia que aseguraba o presente e máis o futuro de todos ou boa parte  dos seus integrantes.

“Virgen del Carmen I” foi a primeira e, as que viñeron a continuación, ordinalmente, sempre co nome da patroa do mar. Dornas que se botaban ao mar nunha ceremonia de carácter relixioso que tiña lugar na rambla do peirao o 24 de xullo pola tarde con enorme asistencia de autoridades e veciñanza, así como da familia á que se doaba ese medio de poder vivir que significaba seren propietarios dunha dorna branquinegra e independentes.

Paralelamente a este acto solidario, a veciñanza asistía a unha verbena-baile na praza da igrexa (posteriormente de Otero Goyanes) que, a finais dos anos 50 foi unha especie de baile de gala no salón do casino  e, xa nos 60, na “pista” da sala de festas de Cambeiro. Unha festa que era un chamado a toda a contorna de Ribeira, participando na mesma a xuventude do municipio, da Pobra, de Boiro, Rianxo e Padrón, Porto do Son, Muros e Noia, e mesmo de Santiago. Era unha romaría imparable que seguía vixente ata ben entrada a mañá do 25 de xullo, festa do Apóstolo (na actualidade Día de Galicia ou Día da Patria Galega).

Festa maior, sen dúbida, para a que homes e  mulleres de toda condición dispuñan das mellores galas para asistir ao “Baile da Dorna”.

Setenta anos despois, a Festa da Dorna pervive, e na memoria gárdanse nomes como o de Emilio Fernández de Sanmamed Hermo -entre outros- que souberon poñer os alicerces dunha das grandes obras cidadáns desta Ribeira que tanto fixo polo mar e os mariñeiros.

Desde o cufiño de proa, saúde.

Outros artigos

“Eurocopa”. Xulio Xiz

Noto o peso dos anos, máis ca fisicamente nas continuas referencias a tempos idos. E non porque xeneralice a bondade do pasado, que moito habería que matizar, senón porque o paso do tempo me vai permitindo comparar situacións que me parecen aberrantes. O deporte –...

+

“Paz profesional”. Alberto Barciela

En los primeros días de la Guerra Civil española, contemplando una parada militar en la rúa del Villar de Santiago, preguntaba un paisano a otro: “a ti que che parece todo isto?” El otro le contestó, “por un lado ti xa ves e polo outro, que queres que che diga?” A lo...

+

“10 años del reinado de Felipe VI” – Manuel Domínguez

Se cumplen diez años del reinado de Felipe VI, el paso de los diez años se nota en su rostro, se nota en que las niñas crecieron, la heredera al tono, ya esta pasando por las fuerzas armadas, mas tarde complementara con otros estudios. La cosa, es la pregunta obvia,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La profesionalidad del Gobernador”. José Castro López

“La profesionalidad del Gobernador”. José Castro López

El Gobernador del Banco de España finalizó el mandato y Pablo Hernández de Cos sedespidió con la elegancia de un caballero y con la profesionalidad del eminenteeconomista después de seis años al frente de una institución clave para la economía y elsistema financiero...