Unha estudante de Noia no palmarés dos Premios Extraordinarios de Grao Superior

16 Xullo 2023

A Consellería de Cultura e Educación vén de recoñecer a excelencia de 23 titulados de FP (a razón de unha titulada ou titulado) por cada unha das familias profesionais, cos Premios Extraordinarios de Grao Superior para o alumnado que rematou os seus estudos no curso 2021/2022.

O obxectivo destes galardóns, que cada ano convoca a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, é “recoñecer publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico estudos de Formación Profesional de grao superior en Galicia”. Para optar a estes premios os estudantes debían contar cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,5 puntos, entre outros requirimentos.

A dotación orzamentaria para estes premios é de 23.000 euros que se distribúen entre os galardoados na mesma contía, de 1.000 € por alumno. Ademais da correspondente achega económica, a obtención destes premios dálle dereito ao alumnado a concorrer, logo de inscrición, ao correspondente Premio Nacional de Formación Profesional de grao superior.

Pola nosa comarca figura na listaxe a estudante Laura Caamaño Outón, de Noia (IES Campo de San Alberto).

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.