Un morto e varios feridos no incendio dun cargueiro fronte á costa dos Países Baixos

27 Xullo 2023

A.Luaces.- Durante este xoves os servizos holandeses de emerxencia continuaron loitando contra do lume declarado a bordo dun cargueiro que transportaba automóbiles. O sinistro, que deixou polo menos un morto e varios feridos poido ter comezado nun dos 25 vehículos eléctricos que transporta o buque. O incidente xerou unha grande preocupación polas repercusións que  pode ter no medio ambiente.

As primeiras novas do accidente foron coñecidas após a medianoite do martes, cando os medios de emerxencia foron  informados dun  incendio no Fremantle Highway, que transportaba uns 3.000 vehículos, e que navegaba a unas 15 millas fronte á costa do norte dos Países Baixos (perto da illa de Ameland). Os 23 membros da tripulación a bordo poideron ser evacuados e non se ten coñecemento de que entre eles figuren oficiais ou mariñeiros españóis.

 Segundo un comunicado feito público pola Garda Costeira, a tripulación tentou extinguir o lume cos seus propios medios, sen acadalo. O buque, de 18.500 toneladas e bandeira de Panamá,  saíu do porto alemán de  Bremerhaven con destino a Port Said (Exipto).

Barcos de rescate enviados á zona tentan extinguir o lume que invade cada vez máis as dependencias de cargueiro. Este, ao parecer, xa ten unha perceptible escora. Os barcos de rescate utilizan todos os medios á súa disposición para evitar o afundimento do Fremantle  Highway.

Os propietarios do barco apuntaron que o lume podería ser provocado por algún dos 25 autos eléctricos que transportaba o cargueiro. © Handout / Netherlands Coastguards

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...