Treixadura presenta Camiño longo este domingo 16 de xullo en Rianxo

03 Xullo 2023

O domingo 16 de xullo, no marco da programación das Festas da Virxe do Carme, o grupo de música galega Treixadura ofrecerá un concerto na praza Castelao de Rianxo. A actuación, que comeza ás 22.30 horas, servirá para presentar na nosa comarca o novo disco da agrupación, Camiño longo.

A cita vén da man do Concello de Rianxo ao abeiro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Camiño longo

O libro-disco (de 104 páxinas) Camiño longo foi gravado nos estudios Casa de Tolos, en Mañufe, Gondomar, e Edisco, A Estrada, durante os meses de xaneiro a marzo de 2020. Conta coas colaboracións da Banda Municipal de Música de A Coruña, do Coro Cantigas e Agarimos e do músico noiés Rodrigo Romaní. Camiño longo, en palabras dos compoñentes de Treixadura é “o rexistro dunha parte da vida que compartimos con todas as persoas que nos seguides: 30 anos de emocións que embotellamos coa esperanza de que vos leven, coma a nós, a revivir momentos entrañables”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.