Titiriberia arrinca este luns en Rianxo coa ruada “A festa dos títeres” e o espectáculo-conferencia do artista catalá Toni Rumbau

23 Xullo 2023

O Titiriberia: Festival de títeres tradicionais, organizado pola asociación Morreu o Demo co apoio do Concello de Rianxo, a Xunta e a Deputación da Coruña, celebra en Rianxo entre o 24 e o 30 de xullo a súa oitava edición. Neste 2023, o festival levará até o municipio rianxeiro 24 funcións, que correrán a cargo de 17 compañías e artistas procedentes de Galicia, Cataluña, Euskadi, Brasil e Portugal.

A programación arrinca mañá luns 24 de xullo ás 13.00 horas co espectáculo A festa dos títeres, unha ruada que reúne a Agrupación Vai de Roda e as compañías Viravolta Títeres e Títeres Alakrán para inaugurar a oitava edición de Titiriberia. Os grandes protagonistas desta ruada serán os cabezudos tradicionais de Rianxo, entre os que destacan a Lupe ou Peito de Lobo, personaxe creado por Castelao que deberá enfrontarse ao lendario Urco. Ademais, este ano, como gran novidade, aparecerá por vez primeira o Xigante Barriga Verde, personaxe referente no xénero dos títeres de cachaporra en Galicia que en Rianxo se amosará en gran formato.

O percorrido deste espectáculo iniciarase no Auditorio de Rianxo, subirá á zona de Martela, fará parada con bailes nos xardíns, baixará logo á Praza Castelao e fará unha nova parada no Paseo da Ribeira para finalmente retornar ao Auditorio.

A Sala Arcos Moldes do propio Auditorio acollerá a segunda función desta xornada inaugural do TItitiberia 2023. A cita será ás 21.30 horas e ofreceráselle ao público El titiritero, el doble y la sombra. Nesta peza, Toni Rumbau, veterano titiriteiro e estudoso das orixes da estirpe de Pulcinella (personaxe fundamental na historia dos monicreques italianos), presenta este espectáculo-conferencia no que convida o público a se mergullar nalgúns dos misterios máis agochados desta antiga práctica dos bonecos. Co apoio do recoñecido bonecreiro catalá Eudald Ferré, o conferenciante recorre á técnica clásica dos títeres de luva, combinada coa linguaxe das sombras para afondar nos ámbitos máis profundos do mito do titiriteiro.

Exposicións

Titiriberia ofrece este ano catro exposicións. A primeira delas corre a cargo da compañía Os Monicreques de Kukas, formación pioneira na escena galega dos monicreques con catro décadas de traxectoria. A mostra consiste na decoración dos escaparates de 12 comercios rianxeiros con monicreques do repertorio histórico de Kukas. As outras tres exposicións atópanse no Auditorio e percorren a historia de Barriga Verde galego, a evolución do xénero dos monicreques de cachaporra en Europa ao longo dos séculos e o mamulengo, disciplina do teatro popular brasileiro dentro do mundo dos títeres.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.