O Concello de Rianxo, a través da Área de Cultura municipal, compartiu a axenda de actividades culturais que vai organizar nesta recta final de xullo, ás que se engaden as propostas organizadas por outras entidades culturais. En total, trátase de tres grandes citas para marcar no noso calendario: o Festival Titiribeira de monicreques, o Festival de Lúa (con intervencións de iluminación creativa e música en diferentes espazos senlleiros de Rianxo) e o Festival Antrospinos en Taragoña.

DO LUNS 24 AO DOMINGO 30 DE XULLO
–Distintas localizacións do Concello de Rianxo. Festival de títeres tradicionais: Titiriberia, Olladas sobre os cristovos.

VENRES 28 E SÁBADO 29 DE XULLO.
–Espazos e edificios en Rianxo. Festival da Lúa.
–Campo Maneiro Taragoña. Festival Antrospinos.




