Sábado con sol e temperaturas en ascenso na comarca. Domingo con chuvias pola tarde

21 Xullo 2023

O sábado volvemos a quedar transitoriamente baixo influencia anticiclónica. Teremos así un día de ceos máis nubrados pola mañá e pola tarde as nubes iranse desfacendo en xeral. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, mentres que as máximas experimentarán lixeiros ascensos chegando ós 29-29 graos. O vento soprará frouxo de compoñente norte, con intervalos moderados no litoral das Rías Baixas.

O domingo será unha xornada de transición na que iremos perdendo a influencia anticiclónica coa chegada dunha fronte que deixará chuvias pola tarde con baixada de temperaturas.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 3 a 5 á mañá, 4 a 6 á tarde e 4 a 5 á noite.Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite.Visibilidade boa.Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 0.5 metros á mañá, 0.5 a 1 metros á tarde e 1 a 1.5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar01:340.9 m
Preamar07:413.2 m
Baixamar13:351.0 m
Preamar19:533.4 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar01:271.0 m
Preamar07:343.1 m
Baixamar13:291.1 m
Preamar19:453.3 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar01:310.9 m
Preamar07:373.1 m
Baixamar13:321.0 m
Preamar19:493.4 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.