Rianxo e SOGAPS organizan unha nova edición da andaina solidaria a prol do pobo saharauí

26 Xullo 2023

O Concello de Rianxo, e a SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí), organizan unha nova edición da Andaina Solidaria en favor do Pobo Saharauí.

A andaina ten un carácter popular, na que calquera persoa poida participar, pois, segundo lembran as entidades organizadoras, “os percorridos teñen un perfil e unha distancia accesíbeis a calquera estado de forma física. Así, preténdese que sexa “unha grande festa deportiva para os veciñ@s, turistas e afeccinoad@s ao deporte”, engaden.

Nesta segunda edición, a proba organizase a beneficio de SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí), que desenvolve día a día un grande traballo de solidariedade, sendo destinado a tal fin o 100% do recadado.

Pódese colaborar participando na Andaina, na Carreira ou a través do Dorsal 0, facendo unha doazón polo importe desexado.

Na ligazón específica habilitada pódese atopar a información principal da proba. Para ampliala acudir ao regulamento completo da proba ou ao Servizo Municipal de Deportes.

Regulamento da Proba

Percorrido Andaina 12 km

Percorrido Andaina 5 km

Inscricións e prezo

Inscrición en liña, ata o xoves 3 de agosto de 2023 ás 23:59 h.
Presencial: na praza Castelao ata 15 minutos antes do inicio da proba.

É obrigatorio inscribirse e retirar o dorsal para a andaina.

A andaina ten un límite de prazas de 750.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.