Rianxo achega este verán un completo plan de roteiros para coñecer o seu patrimonio histórico e natural

19 Xullo 2023

O Concello de Rianxo compartiu a programación de roteiros guiados pola vila e a súa contorna para este verán. Serán un total de 16 saídas para “coñecer mellor o noso municipio e desfrutar do noso patrimonio cultural e natural”, en palabras do Concello. O programa de saídas comeza este 21 de xullo cun itinerario até o castelo da Lúa que ten o seu puto de encontro no peirao de Setefogas (ás 10.30 horas). Este roteiro repetirase o 18 de agosto.

Os restos do castelo da Lúa en Rianxo

O 28 de xullo (e o 25 de agosto) celebrarase a ruta O hórreo de Araño, con punto de encontro no estacionamento do hórreo ás 10.30 horas.

O 4 de agosto (e o 1 de setembro) será a quenda do Roteiro de Apego plo río Te, con punto de encontro no Parque Empresarial de Rianxo ás 10.30 horas.

O 12 de setembro celebrarase o Roteiro da Gudalupe, con saída na capela da Guadalupe ás 10.30 horas.

Ademais, todos os sábados dende o 22 de xullo até o 2 de setembro levaranse a cabo itinerarios divulgativos polo casco urbano de Rianxo, con punto de encontro na Casa Museo de Manuel Antonio ás 10.30 horas.

As inscricións nestas actividades, que son de balde, haberá que facelas no número 622 322 953, na conta de correo turismo@avivae.com ou no punto de información turística de Rianxo.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.